Etiquetas

, ,

Oportunidade agora para que Sira e Sebastián, de 2º E.S.O., fagan a súa aportación ao exercizo de composición asociado ao tourdion de 1530, que xa foi obxecto de interpretación no crea clip anterior.

A curiosidade desta volta consistiu en que, na sección de nova composición, os alumnos presentaron, no primeiro compás, un tritono (entre fa e si natural, dentro da tonalidade de re menor), que xa Guido D´Arezzo, na alta Idade Media, consideraba un intervalo a evitar a toda costa, pois servía de entrada ao demo na música, o diabolus in musica, lle chamaban.

Sirva entón como exemplo de como a través da creatividade, e do que o propio alumnado pode atopar, podemos chegar a conceptos complexos que, descontextualizados, non pasan da categoría rollo.

Advertisements