Etiquetas

, , , ,

Cando Iria Collazo, profe de galego no IES As Barxas e colaboradora habitual como letrista e vocalista no Obradoiro Músicasbarxas, quedou en estado, un grupo de alumnas de primeiro de bacharelato, con Jenni Cancelas ao frente, achegóuse á aula de música para ver da posibilidade de facerlle unha nana e darlla de agasallo cando nacera o bebé.

Sen presa pero sen pausa puxémonos na tarefa e o resultado aí embaixo o tedes, un traballo dentro da serie Crea clips no que a partir dunha composición do profesor o alumnado tivo a posibilidade de experiementar unha vez máis coas técnicas de gravación e producción musical, entendidas coma un proceso creativo que acompaña ao estricto feito compositivo.

Parabéns familia!

Advertisements