Etiquetas
O alumnado de cuarto ven de dar un concerto no auditorio Ágora, de A Coruña, xunto aos seus compañeiros de outros doce centros do ensino público galego, dentro do III Encontro organizado por Asomusica, a asociación de profesores de música de secundaria e bacharelato de Galicia.
O tema elexido este ano foi o rock and roll dos cincuentas e os sesentas do século pasado. Os nosos chavales tocaron “As time goes by”, dos Rolling Stones, e “My generation”, dos Who.
Ocasión para unha pequena excursión e para vivir a música de arriba a abaixo.
Advertisements