Etiquetas

, ,

10320377_653225924732173_8590373844187822330_n

O venres pasado foi un día moi importante para a música e para os músicos das Barxas. Tres foron os premios acadados por traballos audiovisuais realizados no noso departamento nos certames Olloboi e Videoghit:

Moaña summit 2013 (o pato) levou o premio Olloboi cómico:

A curta musical Alicia, escrito, gravado e producido intégramente na aula de música a partir dun guión da profe Iria Collazo, e filmado a medias co departamento de plástica do IES As Barxas, levou o premio Olloboi escola:

 

“Un soño recorrente”, do musical Alicia, levou o premio á mellor interpretación vocal/musical no certame de videoclips Videoghit.

 

Un día emocionante, inesquecible para os que o vivimos en directo.  Un día no que o IES As Barxas confirmouse, unha vez máis, como un referente no audiovisual escolar, ferramenta que, en palabras de Manolo González, ex director da Axencia audiovisual galega e xurado nos Olloboi, distingue ao ensino que quere estar ao día.

Non queda máis que felicitar aos participantes, especialmente ao alumnado de educación plástica do noso centro que acadou ademáis o Olloboi ao guión orixinal por Muller lamprea IV, e aos organizadores de ambos certames pola ilusión, polo traballo e polo compromiso co ensino.

 

Advertisements