Etiquetas

, , ,

Cando quedamos con Sergio Castro e con Pancho de Lis nos estudios de gravación Planta Sónica II, en Vigo, non imaxinamos que iamos asistir  non só á explicación de como se fai para gravar música, se non tamén á crónica dun tempo pasado; o da movida viguesa dos anos oitenta do século pasado, e dun tempo presente; o da actual crise da industria discográfica.

Comezamos con este video as emisións de músicasbarxas tv, dentro do noso canal de youtube.

Advertisements