Etiquetas

, ,

en celanovaUn ano máis estivemos os músicos das Barxas en Celanova, onde tivemos de novo a oportunidade de realizar un completísimo programa de actividades que incluíu a visita á casa de Curros Enríquez, ao mosteiro de San Salvador, onde tocamos unhas pezas acompañados pola profesora Marisol Mendive ao órgano, ao castro de Castromao…

Non sei se seguir recomendando esta actividade porque díxome Paula, da Fundación Curros Enríquez, que este ano están batindo todos os records de visitas.  Semella que dentro de pouco vai haber que pedir con cursos de antelación…  Aínda de ser ese o caso, a nosa intención é volver e volver e volver.

Non vos perdades o video que realizamos na nosa primeira visita, esta (case) todiño aí.

 

Advertisements