Etiquetas

, ,

Aquí está rematado o laborioso proxecto que levou adiante o alumnado de música de 1º de bacharelato do IES As Barxas.

Lazy Pandas é unha curtametraxe musical que pon o acento na triste situación na que se atopan as ensinanzas artísticas, (moi especialmente a música e as artes escénicas, en xeral) na actualidade.

Os rapaces tiveron que afrontar un proxecto moi completo que incluía non só os aspectos estrictamente musicais.  O guión, os ensaios, a filmación, a dobraxe do son e o rexistro dos efectos de audio foron tarefas nas que se desenvolveron autónomamente e coa pericia que podedes comprobar vos mesmos.

De nota!

Advertisements