Etiquetas

11336907_825129604208470_4073823133093954132_oUn ano máis o departamento de música do IES As Barxas foi galardoado cun dos premios Olloboi.  Esta vez foi afortunada a nosa webserie Seminario 5, que levou o Olloboi fotoxénico (o da mellor fotografía), pero tamén recollemos os diplomas doutros dos nosos videos finalistas como O verme e a estrela, Linguaquetraba, Galiza latina e Lazy pandas.

Ata Boiro fomos unha representación do alumnado e do profesorado participante e, nunha divertidísima cerimonia, fomos testemuñas do afianzamento dun certame que é xa a referencia para todos os que adicamos parte importante do noso traballo ao audiovisual escolar galego.

Parabéns aos 60 centros que presentaron 149 videos en total a unha cita que é un verdadeiro orgullo para tod@s @s docentes.

Advertisements