Tags

,

Pinta estupenda ten este 2015 -2016!

Seguiremos volcados, coma sempre, na teima de facer música para tódalas ocasións; para video clips, festivais tradicionais, para curtametraxes, para a webserie Seminario 5..agora tamén dentro do proxecto SAFTAS (Students Academy Film and Theatre Awards), no que participamos xunto con outros 5 institutos europeos, encadrados na iniciativa da UE Erasmus plus.

O noso traballo foi recollido nas páxinas do número de verán 2015 da revista Educación 3.0 e no blog de SiMO educación e o profe falou do que facemos en foros como as Xornadas de Nova Escola Galega, na Facultade de Pedagoxía de Santiago, e no Culturgal e seguimos colleitando premios como o Olloboi, o Videoghit ou o de Videocreación para centros de ensino do Concello de Santiago.

Ademáis o noso canal de youtube acaba de superar as 50 mil visitas!

Collemos impulso e despegamos!

Advertisements