Etiquetas

, ,

GSD-INNOVA._ied_madrid_premio_innovacion_educativa

“Un proyecto pertinente que en su innovación hace hincapié especialmente en el desarrollo de una dimensión creativa a través de diferentes variables de la música. Destaca su capacidad de comunicar con claridad.”

Así se expresou o xurado no fallo dos III Premios Nacionales de Innovación Educativa outorgados pola Fundación GSD. Unha nova pola que estamos moi contentos no departamento de música do IES As Barxas de Moaña.

Desde aquí  queremos agradecer o galardón e felicitar aos demáis participantes e premiados.  A nosa é unha aposta consciente pola renovación educativa e unha defensa co corazón e coa mente da presenza da música no ensino, soíña e ben mesturadiña co resto de materias.

Sería moi longa a lista de persoas que colaboraron e colaboran co Obradoiro Músicasbarxas, nome no que agrupamos todo o labor que realizamos.  Para todas elas vai tamén este recoñecemento.

En xaneiro a Madrid a recoller o premio!

Seguimos!

Advertisements