Etiquetas

, , ,

Por fin! Xa tiñamos ganas de dar o coñecer o proxecto de clase invertida (flipped classroom), no que levamos uns meses traballando co grupo de 4º ESO C.

Trátase dun proxecto de innovación educativa que ten a intención de substituir as clases tradicionais, nas que o profe daba “conferencias” sobre o rock and roll (o que técnicamente chamamos a música popular urbana), por contidos que o alumnado pode consultar fóra do insti, de maneira que os periodos lectivos poidan aproveitarse para actividades  máis prácticas, como compoñer, arranxar, tocar, cantar, ensaiar….e para resolver as dúbidas que aparezan de xeito máis personalizado…mola eh?

O obxectivo é realizar unha Historia do Rock and roll, a nosa historia, claro, desde o primeiro momento eramos conscientes de que é imposible contentar a todo o mundo…pero aí está a cousa!

A clase de 4º ESO C está dividida en grupos, e cada un traballa nunha década; procurando e seleccionando información, escoitando moita música, facendo críticas de discos, mergullando nos misterios de cada época e de cada estilo,  empregando toda a tecnoloxía dispoñible.

Comezamos polo capítulo 3, que adicamos aos anos 70 (que completará un video sobre os 70 en España). Moitos parabéns a Cynthia, a Isa, a Nerea e a Alba por este traballo tan chulo!

Non esquezades consultar a info do video para acceder á discografía recomendada, na lista de reprodución Zona crítica tedes as impresións dos vosos compañeiros sobre moitos deles.

Pronto máis!

 

 

Advertisements