Etiquetas

, , , ,

O video que ata o de agora ten máis éxito na nosa canle de youtube é, sen dúbida, Galiza latina, o regaetton pola lingua galega que o curso pasado protagonizou xunto aos seus compañeiros o alumno Jeremías Arriaga.

O caso é que Jeremías, agora xa un ex alumno do IES As Barxas, deixou a medio rematar unha segunda peza, así que o invitamos a volver connosco a gravar Queremos galego!, que así se chama a nova canción a prol da nosa lingua que imos facer pública en breve.

Rodaremos o video clip o vindeiro luns 25 de abril, pola tarde, e queremos aproveitar a ocasión para invitarvos a tutti á rodaxe.  Só tedes que vir con calzado deportivo e moitas ganas de bailar, cantar e pasalo ben.  Iso si, tedes que vir co retrouso ben aprendido, évos ben doado:  Queremos galego!

😉

 

Advertisements