Etiquetas

,

fullsizerenderAínda estamos recuperándonos da voráxine que supuxo reibirmos no IES As Barxas, ao comezo de curso, a visita dos nosos compañeiros do proxecto SAFTAS, dentro do Erasmus +, da Unión Europea. Os encargados da música fixemos varios traballos, que iremos subindo nestes días.

Tanto para o alumnado como para o profesorado implicado, traballar cunha equipa conformada por persoas pertencentes a 5 países distintos supón unha experiencia enriquecedora e inesquecíble.

O de embaixo é un video clip cunha canción orixinal que fixemos en só día e medio, os músicos: un baixista turco, un guitarrista francés, unha cantante polaca, un cantante italiano e un produtor galego.

Que é posible a colaboración entre xentes pertencentes a culturas distintas? Alguén o dubida a estas alturas?

Seguimos!

 

Advertisements