isabel-costa

A alumna do IES AS Barxas Isabel Cascante, entrevista ao director de cine grego Costa Gavras

Hoxe mesmo, alumnado e profesorado do IES As Barxas está asistindo ao festival Premiers Plans de Angers, en Francia, nada menos que como xurado, dentro do proxecto SAFTAS, do Eramus +, no que estamos implicados.

Unha das actividades que realizamos dentro deste proxecto foron exercicios de técnica audiovisual que nos están axudando moito a afinar aqueles aspectos técnicos que debemos asimilar e outros que empregamos xa pero son suceptibles de mellora.

O que nesta entrada compartimos é un Tableau vivant, isto é, unha recreación en clave audiovisual, ou teatral, dun cadro ou, coma no noso caso, dunha fotografía.

Nós eliximos unha foto moi chula de Gordon Parks, adaptándoa ao contexto do noso insti, que, mesmo cando temos que recrear, creamos!

🙂

Advertisements