Sobre o autor

12924452_963900793664683_1455889811373398707_n

Ola!

Benvid@s ao meu blog!

Son Xosé Manuel (Seso) Durán, profesor de secundaria na especialidade de música.  Desde o curso 2003 – 2004 desempeño a miña labor docente como funcionario de carreira e síntome moi honrado de pertencer á gran familia do ensino público do noso país.

Nestas páxinas dase conta do traballo do meu alumnado no IES As Barxas, de Moaña, o centro no que teño o meu destino desde o curso 2011 – 2012, aínda que tamén se fai referencia aos proxectos levados a cabo con anterioridade no IES As Bizocas, de O Grove. Tamén comparto a través destas páxinas o meu traballo como relator e “formador de formadores”, en distintos foros educativos do país, co aquí atoparás tamén recursos para o profesorado relacionados co ensino da música e o desenvolvemento de proxectos audiovisuais.

Ao Departamento de música do IES As Barxas puxémoslle o nome de Obradoiro Músicasbarxas, seguide lendo e descubriredes por que…

Vivimos nun momento de cambio, nunha revolución dixital que afecta tamén á maneira na que nos relacionamos coa arte e coa cultura.  Nesa revolución está a oportunidade dunha achega activa:  A experiencia de abordar a cultura desde a creatividade é máis profunda e resulta nunha aprendizaxe verdadeiramente significativa.  A música pode contribuir a fomentar no alumnado o sentido do esforzo paciente e a planificación de proxectos de maneira colaborativa, así como incentivar a asimilación e a valoración do seu patrimonio artístico e cultural.

A neurociencia fai evidente a necesidade de procurar un desenvolvemento integral das capacidades do alumnado e iso pódese acadar mellor se incorporamos a experiencia artística á vida académica.

Facer do alumnado o verdadeiro protagonista implica o desenvolvemento de novas estratexias, substituir a aula – templo por un “espazo de aprendizaxe”, darlle ao pasado o papel de prólogo.  Por iso lle chamamos obradoiro ao noso proxecto de ensino da música nun instituto.

Co obxectivo de encauzar o noso esforzo lanzámonos a crear unha produtora musical nunha aula de secundaria.

O blog Música en secundaria está vinculado á canle de youtube Obradoiro Músicasbarxas, de maneira que un non se entende sen o outro.  Non esquezas botarlle un ollo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s