Diversidade funcional

Inclusión:  Un video que explica de xeito moi sinxelo términos claves para a convivencia e a defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.

Como docente e pai dun neno con autismo, desempeño diferentes actividades relacionadas coa diversidade funcional, entre elas quero destacar o proxecto que comparto coa miña muller Olga Lalín e con Esther Medraño, a terapeuta do meu fillo Manuel.

Alto alto como una montaña  é o blog no que volcamos as nosas experiencias e recursos relacionados co Trastorno do espectro do autismo e A canción de Manuel,  un proxecto audiovisual que estreamos cada 2 de abril.  O día internacional de concienciación sobre o autismo.  A idea é ben clara:  Unha canción cada ano!

Preme no banner para acceder a toda a info!

Captura de pantalla 2016-04-15 a las 10.36.48