Novo blog, novos proxectos

foto gravación deitado frente ao marCremos na educación con corazón, no inxenio do alumnado e dos profesionais, e nunha pedagoxía baseada no afecto, que ten sempre presente que a aprendizaxe faise realmente efectiva cando pasa polo filtro da sensibilidade, da creatividade e da emoción.

Esa pequena declaración de principios, da man e letra da miña muller, Olga Lalín, recolle a intención de todos os proxectos educativos que levamos adiante.  O que vaise artellar a través deste blog é o que eu mesmo realizo como profesor de música no IES As Barxas, de Moaña (Pontevedra), e quere ser unha xanela aberta e un medio para compartirmos experiencias arredor do ensino da música en secundaria.  Dentro de nada vai facer 5 anos desde que puxen en marcha o blog que ata o de agora servía a esa función, Seso Durán, música de xoguete, e xa chegou o momento de crear un novo espazo centrado nos proxectos e nas aplicacións didácticas.

Será marabilloso seguir contando con tutti os que vides seguindo o noso traballo e agardamos poder seguir dando a benvida a tod@s @s que vos vaiades achegando.

_Seso Durán

Advertisements

1 thought on “Novo blog, novos proxectos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s