Seguimos co noso proxecto de videos de clase invertida

Etiquetas

, ,

Queres saber como foi o rock and roll dos anos 90?  Pois dalle ao play a este video realizado polas alumnas Antía González e Marta Fernández; un repasiño en menos de tres minutos ao máis destacado da música popular urbana feita daquela.

Este video súmase aos outros dous que xa temos subidos na lista de reprodución correspondente, na nosa canle de youtube. Non lles quites ollo que veñen máis en camiño!

Parabéns chicas!

🙂

Advertisements

Felices festas a tutti!!!

Etiquetas

,

Que sexades moi felices durante estas merecidas vacacións e que volvades coas pilas ben cargadiñas que temos mooooooooito que facer!

Rescatamos da nosa canle de youtube este video que fixeramos con motivo dun Nadal pasado, xusto cando este blog e o proxecto Obradoiro Músicasbarxas estaba recén comezadiño.

Apertas especiais ao alumnado que, estando en 2º ESO, fixo o video, están agora no derradeiro curso no insti!

😉

Gañadores do Premio Nacional de Innovación Educativa da Fundación GSD Innova!

Etiquetas

, ,

Por segundo ano consecutivo, o Departamento de música do IES As Barxas acadou un dos premios que otorga a Fundación GSD de Innovación de Educativa.  No curso pasado fora polo noso proxecto de ensinanza da música poñendo no acento na creatividade e nas novas tecnoloxías a través da rede, o  Obradoiro Músicasbarxas, esta vez é por Alto alto como una montaña, un proxecto de creación de contidos e iniciativas para a educación e a integración do alumnado con Trastorno do espectro do autismo, TEA, que compartimos co CEP Santa Mariña, de Redondela, o IES Ribeira do Louro, de Porriño,  e o Centro Vínculo Atención Temprana, de Moaña e con moitas persoas que veñen colaborando desinteresadamente neste esforzo compartido.

En palabras do xurado: “El jurado quiere destacar la sensibilidad con la que se afronta la educación del alumnado con autismo en este proyecto, con la elaboración de un material propio y la implicación de las familias, personal del Centro y otros profesionales. Un proyecto que se viene realizando desde 2012, estando muy bien referenciado y difundido en la red. 
El jurado desea felicitar a aquellas personas que, sin citar específicamente, han posibilitado que este proyecto sea una realidad.”

Desde aquí queremos facer partícipes do premio moi especialmente á parte musical do proxecto, na que participan Montse Ogando, Victor Castro, Franc Górriz e Aleixo Jablonski.

Agradecemos unha vez máis ao xurado dos premios GSD Innova e felicitamos á fundación por unha iniciativa que anima a seguirmos traballando polos procesos de mellora no eido educativo.

Aquí está a entrada no blog Alto alto como una montaña con máis info.

A entrega dos galardóns será o próximo 3 de febreiro no Instituto Cervantes, en Madrid.

Imos!

 

A tope co Erasmus +

Etiquetas

,

fullsizerenderAínda estamos recuperándonos da voráxine que supuxo reibirmos no IES As Barxas, ao comezo de curso, a visita dos nosos compañeiros do proxecto SAFTAS, dentro do Erasmus +, da Unión Europea. Os encargados da música fixemos varios traballos, que iremos subindo nestes días.

Tanto para o alumnado como para o profesorado implicado, traballar cunha equipa conformada por persoas pertencentes a 5 países distintos supón unha experiencia enriquecedora e inesquecíble.

O de embaixo é un video clip cunha canción orixinal que fixemos en só día e medio, os músicos: un baixista turco, un guitarrista francés, unha cantante polaca, un cantante italiano e un produtor galego.

Que é posible a colaboración entre xentes pertencentes a culturas distintas? Alguén o dubida a estas alturas?

Seguimos!

 

Comprometid@s coa diversidade funcional, introducimos a audiodescrición no noso traballo audiovisual

Etiquetas

, ,

No Obradorio Músicasbarxas seguimos realizando actividades nas que temos moi en conta a diversidade funcional, queremos facer da inclusión unha característica esencial da nosa identidade e, con ese espíritu, facemos pública a versión con audiodescrición, para invidentes, da nosa premiada curta A lei da música.

Estupendo o traballo da directora e guionista Aitana Sanz e de Ruth Casteleiro, súa é a voz que nos leva a través da peza.  Moitas grazas ao Departamento de galego do IES As Barxas, en especial ao profe Ricardo Maquieira, que revisou o texto.

IMG_6111.JPG

A alumna Ruth Casteleiro, gravando a audiodescrición de A lei da música

Quizáis vos apeteza facer a proba, pechar os ollos e “ver”.

Premio para o noso video Inclusión!

Etiquetas

, ,

IMG_6232.JPG

Xiana Casás, María Cancelas e Álex Táboas recollendo o galardón

Esta semana que pasou soubemos dun novo recoñecemento ao noso traballo. Esta vez o galardón foi para Inclusión, que recibiu o premio ao mellor video didáctico no V Certame Audiovisual do IES Montecarrasco.

O video, realizado dentro das actividades do grupo Saftas (Students Academy of FIlm and Theatre Awards), do Erasmus +, no que participamos, explica de xeito moi sinxelo conceptos claves para a convivencia na nosa sociedade e apoia a normalización en todos os aspectos da vida cotiá das persoas con trastorno do espectro do autismo.

DSC_0022.jpg

María Cancelas e Xiana Casás realizando o video Inclusión

A noticia xa foi recollida pola prensa.

Parabéns a tod@s!!!

 

Gañamos o Premio Olloboi!

Etiquetas

, ,

Unha ano máis gañamos o premio  Olloboi, os “oscars” do audiovisual escolar galego.  Esta vez fomos acreedores do Olloboi Zamburrioi, o especial da organización do certame, ao conxunto da produción que levamos adiante no IES As Barxas.

zamburrioi1

Captura de pantalla 2016-06-02 a las 22.32.22.png

Parabéns tamén ao Departamento de plástica, co que compartimos isto tan ilusionante de “facer videos”.

A noticia apareceu xa recollida na prensa.

Seguimos!

IES As Barxas Olloboi 2016.jpg

O Premio Cinedfest á nosa curta A lei da música na prensa de hoxe

Etiquetas

, ,

Aquí tedes como aparece recollida a noticia deste novo recoñecemento ao noso traballo no Faro de Vigo e en Morrazo al día.

Parabéns Chic@s!!!

DSC_1932

De esquerda a dereita: Paula, Lara, Pedro, Nerea, Jesús, Yovanna, Lucía, Aitana, Ruth, María, Álex, Iria e Diego; o alumnado de 1º Bach que realizou A lei da Música

Captura de pantalla 2016-05-31 a las 11.11.16