Premio Cinedfest 2016 para a curta musical A lei da música: Un proxecto para aprender os principios da produción de audio

Etiquetas

, ,

CARTEL_cinedFest

No Departamento de música do IES As Barxas acabamos de recibir a boa nova dun novo premio para un dos nosos traballos audiovisuais, o Cinedfest, certame de alcance nacional organizado pola Consejería de Educación, Juventud e Igualdad do goberno de Canarias (co patrocinio de moitas e importantes empresas privadas),  concretamente o segundo premio na categoría de bacharelato, acadado pola curta musical A lei da música.

Escrita e dirixida pola alumna de primeiro de bacharelato Aitana Sanz, con música orixinal do seu compañeiro Álex Táboas, que foi gravada na mesma aula,  A lei da música é un proxecto construido desde, sobre e para a música, cun argumento aparentemente sinxelo que nos serviu para aprender un montón de cousas relacionadas coa gravación e a edición do son. Imos dar unha voltiña pola curta desvelando algúns dos seus misterios.

A banda sonora soa ao longo de toda a peza, pero as cualidades do seu son varían en función da fonte e procedencia.

A lei 1a las 23.05.35.png

A primeira vez que oímos a banda sonora orixinal facémolo desde o despacho de José Luís Fernández, a música semella vir desde o piso de arriba. para iso eliminamos as frecuencias medias e agudas do rango audible polo oído humano, que podedes ver representado aí, á dereita, no ecualizador gráfico.

A lei 205-29 a las 23.09.50.png

A continuación escoitamos a música no hall do instituto e editamos o son para que semelle provir duns deses altofalantes que se encastran nos teitos, que adoitan ter moi pouca presenza de frecuencias graves, que atenuamos agora no ecualizador.

A lei 3.  2016-05-29 a las 23.13.58.png

Cando vemos que José Luís indentificou de onde ven o son, este aparece tal como está gravado, por iso deixamos a ecualización plana, respectando a gravación orixinal.

A lei 4.  05-29 a las 23.17.19

E cando escoitamos a banda sonora de Álex Táboas a través dos auriculares de Ruth Casteleiro e Diego Costa, facémolo eliminando todo o rango das frecuencias máis graves.

É interesante apuntar o feito de que a rodaxe fíxose “muda”.  José Luís non escoitou a música en ningún momento, o que dá máis mérito aínda ao seu traballo!  Ruth e Diego si a escoitaban nos seus auriculares, están bailando e bailar sen música como que non…pero o que escoitamos non saía dos seus reprodutores portátiles, a banda sonora introducíuse na posprodución.

Tamén axustamos a intensidade e direccionalidade do son; se ven da esquerda, por exemplo, teremos que percibilo máis desde o altofalante ou auricular esquerdo.

A lei 5-05-29 a las 23.25.44.png

A escena final é unha verdadeira ficción sonora.  Os pasos de José Luís, o son das portas abríndose, que se gravou aillado e logo introducíuse atendendo a súa procedencia, como podedes ver no recadro da dereita…mesmo o barullo dos rapaces, do que a maioría gravouse unha vez rodada a curta…un traballón!

Pois aí tedes o “making of”!  Parece que todo o que vedes arriba foi percibido e valorado polo xurado do Cinedfest. A lei da música ten unha banda sonora orixinal estupenda, escrita e interpretada por un alumno, pero non ten un guión “dramático”, nin diálogos de ningunha clase,  nin máis carga social que ser unha metáfora sobre a defensa da música no ensino e na vida en xeral, ou ese era o pretexto de Aitana, a autora do guión, pero no mesmo guión (e Aitana tiña clarísimo como tiña que ser tratada a música nesta curta) estaba agochado o misterio da edición de audio e como tratar ese tema de maneira didáctica.

Por iso quero dar moi sinceramente as grazas, por crear unha actividade perfecta, das que non se esquecen, e que eu disfrutei a tope como profesor de música.

Que impere a lei da música, si señor!!!

A entrega de premios será o 10 de xuño, na Gala Final Cinedfest 2016, nos cines Yelmo Meridiano de Santa Cruz de Tenerife.

Estamos invitad@s!

😉

 

 

Advertisements

Premio Videoghit 2016 para Queremos galego!

Etiquetas

,

Onte fallánrose os premios Videoghit, que cumpren xa a sexta edición, organizados polo IES Pintor Colmeiro de Silleda.

O noso Queremos galego acadou o premio na categoría de Mellor canción orixinal neste certame cuxo obxectivo é fomentar a música en galego entre o alumnado do país. Os que estamos en contacto no día a día coa rapazada sabemos que ese é un obxectivo moi moi importante.

Moitos parabéns ao profe Suso Fernández, do Departamento de filosofía do Pintor Colmeiro, que é quen leva adiante estes premios, aos demáis galardoados e a tod@s @s participantes nesta iniciativa que hai que apoiar si ou si.

Moitas grazas ao xurado! No Departamento de música do IES As Barxas estamos moi contentos!

A noticia aparece recollida por La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

 

Entrevista a Isabel Risco

Etiquetas

, , ,

Unha nova entrevista esta que realizamos os do proxecto SAFTAS – Erasmus + coa colaboración do EDLN Linguaquetraba do IES As Barxas.

Esta vez tivemos a sorte de contar con Isabel Risco, a estupenda actriz que estivo no Obradoiro Músicasbarxas contándonos como foron os seus comezos,  como van indo os numerosos proxectos nos que anda comprometida e que opina sobre a situación actual da lingua galega no país.

Non vola perdades que é unha entrevista para enmarcar!

Moitísimas grazas a Isabel Risco, á que lle desexamos todos os éxitos que merece, e moitos parabéns a todo o alumnado do Erasmus + do IES As Barxas.

Imos indo!

😉

 

Novo videoclip: Lle! Lle! Lle!

Etiquetas

, ,

Mentras Queremos galego bate records de audiencia na nosa canle, con 2600 reproducións en 3 días, publicamos hoxe o videoclip Lle! Lle! Lle!,  canción orixinal de Os Prinses, que non son outros que o grupo de 4ºESO AB.

Adicada á memoria do gran músico Prince, que  faleceu o día antes de rodarmos, Lle! Lle! Lle! conta unha historia moi divertida entre un adolescente e o rock and roll.

Veña que vai!

😉

 

Queremos galego!

Etiquetas

, ,

Hoxe estreamos o novo videoclip coa nosa canción Queremos galego, coa que reivindicamos un curso máis o uso e goce da lingua galega.  O traballo foi duro pero pagou a pena, claro que si.  A lista de persoas que o fixeron posible é longa; alumnado de 4º ESO, profes, persoal non docente…de tod@s e de quen se apunte é o esforzo do Obradoiro Músicasbarxas por cantar e bailar coa nosa lingua como pretexto.

Embaixo tedes unhas fotos do making of.

Parabéns a tutti polo traballo!

This slideshow requires JavaScript.

 

Entrevista a Quico Cadaval

Etiquetas

, , ,

Aí tedes a entrevista que, grazas á colaboración do EDNL Línguaquetraba do IES As Barxas,  puidemos facerlle fai uns días ao director, guionista e actor Quico Cadaval, onde, a preguntas do alumnado do proxecto SAFTAS – Erasmus +, fai un repaso á sua traxectoria profesional e á situación do teatro e da cultura, en xeral, no noso país.

Estupenda tamén a música da cabeceira que compuxo e gravou o alumno Álex Táboas.

“The students from the Erasmus + project are working on the traslation of the interview so that we can share it with our European colleagues.” (Como ben di a compañeira do proxecto SAFTAS Palmira Calvar).

Non vola perdades!

 

Obradoiro de Dirección de Arte con Andrea Pozo

Etiquetas

, ,

andrea pozo

Os do proxecto SAFTAS (Students Academy of Film and Theatre Awards), do Erasmus plus, vimos de rematar un obradoiro de Dirección de arte con Andrea Pozo, a responsable desa faceta en pelis como Padrolongo ou A casa dos afogados.

Con Andrea aprendemos a facer decorados e unha chea de cousas que non sabiamos o importantes que eran.

Seguimos!!!

 

 

Parabéns do Consellerio de Educación polo video Inclusión

Etiquetas

,

O venres pasado chegou ao IES As Barxas unha carta asinada por Román Rodríguez Iglesias, máximo responsable da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, na que felicita ao centro polo traballo realizado a prol das persoas con diversidade funcional, especialmente, das que teñen autismo, a través do video “Inclusión”, que realizamos os que estamos levando adiante o proxecto SAFTAS, do Erasmus +.

Desde aquí, agradecemos ao Conselleiro os cumprimentos e poñemos o video á disposición da Consellería de Educación, por se ten a ben difundilo ou empregalo para calquera campaña, pola que a nosa mensaxe poida chegar a moita más xente.