• Bibliografía
  • Canle Youtube
  • Conferencias/Obradoiros para o profesorado
  • Diversidade funcional
  • Falan de nós
  • Lecturas musicais
  • Materias Didácticos/Recursos
  • Novo blog, novos proxectos
  • Proxectos anteriores
  • Proxectos en marcha
  • Publicacións
  • Sobre o autor

Música en secundaria

Música en secundaria

Tag Archives: Departamento de música IES As Barxas

Gañamos o Premio Olloboi!

02 Xoves Xuñ 2016

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, Obradoiro Músicasbarxas, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Departamento de música IES As Barxas, ies as barxas, obradoiro músicasbarxas

Unha ano máis gañamos o premio  Olloboi, os “oscars” do audiovisual escolar galego.  Esta vez fomos acreedores do Olloboi Zamburrioi, o especial da organización do certame, ao conxunto da produción que levamos adiante no IES As Barxas.

zamburrioi1

Captura de pantalla 2016-06-02 a las 22.32.22.png

Parabéns tamén ao Departamento de plástica, co que compartimos isto tan ilusionante de “facer videos”.

A noticia apareceu xa recollida na prensa.

Seguimos!

IES As Barxas Olloboi 2016.jpg

Premio Cinedfest 2016 para a curta musical A lei da música: Un proxecto para aprender os principios da produción de audio

29 Domingo Mai 2016

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, Obradoiro Músicasbarxas, Por los alumn@s, Uncategorized

≈ 1 comentario

Etiquetas

cinedfest, Departamento de música IES As Barxas, obradoiro músicasbarxas

CARTEL_cinedFest

No Departamento de música do IES As Barxas acabamos de recibir a boa nova dun novo premio para un dos nosos traballos audiovisuais, o Cinedfest, certame de alcance nacional organizado pola Consejería de Educación, Juventud e Igualdad do goberno de Canarias (co patrocinio de moitas e importantes empresas privadas),  concretamente o segundo premio na categoría de bacharelato, acadado pola curta musical A lei da música.

Escrita e dirixida pola alumna de primeiro de bacharelato Aitana Sanz, con música orixinal do seu compañeiro Álex Táboas, que foi gravada na mesma aula,  A lei da música é un proxecto construido desde, sobre e para a música, cun argumento aparentemente sinxelo que nos serviu para aprender un montón de cousas relacionadas coa gravación e a edición do son. Imos dar unha voltiña pola curta desvelando algúns dos seus misterios.

A banda sonora soa ao longo de toda a peza, pero as cualidades do seu son varían en función da fonte e procedencia.

A lei 1a las 23.05.35.png

A primeira vez que oímos a banda sonora orixinal facémolo desde o despacho de José Luís Fernández, a música semella vir desde o piso de arriba. para iso eliminamos as frecuencias medias e agudas do rango audible polo oído humano, que podedes ver representado aí, á dereita, no ecualizador gráfico.

A lei 205-29 a las 23.09.50.png

A continuación escoitamos a música no hall do instituto e editamos o son para que semelle provir duns deses altofalantes que se encastran nos teitos, que adoitan ter moi pouca presenza de frecuencias graves, que atenuamos agora no ecualizador.

A lei 3.  2016-05-29 a las 23.13.58.png

Cando vemos que José Luís indentificou de onde ven o son, este aparece tal como está gravado, por iso deixamos a ecualización plana, respectando a gravación orixinal.

A lei 4.  05-29 a las 23.17.19

E cando escoitamos a banda sonora de Álex Táboas a través dos auriculares de Ruth Casteleiro e Diego Costa, facémolo eliminando todo o rango das frecuencias máis graves.

É interesante apuntar o feito de que a rodaxe fíxose “muda”.  José Luís non escoitou a música en ningún momento, o que dá máis mérito aínda ao seu traballo!  Ruth e Diego si a escoitaban nos seus auriculares, están bailando e bailar sen música como que non…pero o que escoitamos non saía dos seus reprodutores portátiles, a banda sonora introducíuse na posprodución.

Tamén axustamos a intensidade e direccionalidade do son; se ven da esquerda, por exemplo, teremos que percibilo máis desde o altofalante ou auricular esquerdo.

A lei 5-05-29 a las 23.25.44.png

A escena final é unha verdadeira ficción sonora.  Os pasos de José Luís, o son das portas abríndose, que se gravou aillado e logo introducíuse atendendo a súa procedencia, como podedes ver no recadro da dereita…mesmo o barullo dos rapaces, do que a maioría gravouse unha vez rodada a curta…un traballón!

Pois aí tedes o “making of”!  Parece que todo o que vedes arriba foi percibido e valorado polo xurado do Cinedfest. A lei da música ten unha banda sonora orixinal estupenda, escrita e interpretada por un alumno, pero non ten un guión “dramático”, nin diálogos de ningunha clase,  nin máis carga social que ser unha metáfora sobre a defensa da música no ensino e na vida en xeral, ou ese era o pretexto de Aitana, a autora do guión, pero no mesmo guión (e Aitana tiña clarísimo como tiña que ser tratada a música nesta curta) estaba agochado o misterio da edición de audio e como tratar ese tema de maneira didáctica.

Por iso quero dar moi sinceramente as grazas, por crear unha actividade perfecta, das que non se esquecen, e que eu disfrutei a tope como profesor de música.

Que impere a lei da música, si señor!!!

A entrega de premios será o 10 de xuño, na Gala Final Cinedfest 2016, nos cines Yelmo Meridiano de Santa Cruz de Tenerife.

Estamos invitad@s!

😉

 

 

Obradoiro Músicasbarxas, unha produtora musical

08 Xoves Out 2015

Posted by sesoduran in Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Departamento de música IES As Barxas, obradoiro músicasbarxas

Comezamos este curso cun video resumo no que visitamos os espazos nos que volcamos as nosas composicións: curtametraxes musicais, video clips, músicasbarxas tv, seccións bilingües, crea clips, bandas sonoras…

Non temos paraxe!

🙂

Premio Olloboi para Seminario 5!

01 Luns Xuñ 2015

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, Re2 filmes, Webserie Seminario 5

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Departamento de música IES As Barxas

11336907_825129604208470_4073823133093954132_oUn ano máis o departamento de música do IES As Barxas foi galardoado cun dos premios Olloboi.  Esta vez foi afortunada a nosa webserie Seminario 5, que levou o Olloboi fotoxénico (o da mellor fotografía), pero tamén recollemos os diplomas doutros dos nosos videos finalistas como O verme e a estrela, Linguaquetraba, Galiza latina e Lazy pandas.

Ata Boiro fomos unha representación do alumnado e do profesorado participante e, nunha divertidísima cerimonia, fomos testemuñas do afianzamento dun certame que é xa a referencia para todos os que adicamos parte importante do noso traballo ao audiovisual escolar galego.

Parabéns aos 60 centros que presentaron 149 videos en total a unha cita que é un verdadeiro orgullo para tod@s @s docentes.

Letras galegas todos os días

19 Luns Mai 2014

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Por los alumn@s

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Departamento de música IES As Barxas, o verme e a estrela, xosé maría díaz castro

Co alumnado de primeiro de bacharelato presentamos no Día das Letras galegas un video clip onde amosamos a nosa visión de “O verme e a estrela”, poema de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano.

Mil primaveras máis para a nosa lingua!

Definitivo: Os Lazy Pandas non queren crecer

03 Xoves Abr 2014

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Departamento de música IES As Barxas, Lazy Pandas, tom waits

Aquí tedes un adianto da curta musical que o alumnado de 1º BACH do IES As Barxas está a preparar.

Eu non quero crecer é unha carreira surrealista nun mundo máis surrealista aínda.

Que o disfrutedes!

Gañadores 2º Premio 2018

Gañadores 2018 Olloboi Zamburrioi

Gañadores 2018 Festival Internacional Saftas – Erasmus +

Gañadores 2017

Gañadores Olloboi BSO 2017

Gañadores Premio Videoghit 2014, 2015, 2016 e 2017

GAÑADORES 2016

Gañadores 2016

Gañadores Olloboi Zamburrioi 2016

Gañadores mellor audiovisual didáctico 2016

Gañadores 2015

Boa práctica

Proxecto SAFTAS 2015 – 2018

Ponentes no Culturgal 2012, 2014 e 2015

Gañadores II concurso video creación concello santiago de compostela

Gañadores Olloboi Fotoxénico 2015

Gañadores Olloboi Escola 2014

Gañadores Olloboi Cómico 2014

Gañadores Olloboi guión orixinal 2012

Mención honra Ouff 2014

Facebook Músicasbarxas

canal youtube músicasbarxas

canal youtube audiovisual as barxas

canal youtube orquesta orff

Categorías

  • comprometidos coa diversidade
  • Crea clips
  • Cuaderno de aula
  • Culturgal
  • Enseñanza TIC
  • erasmus +
  • Obradoiro Músicasbarxas
  • Por los alumn@s
  • Re2 filmes
  • Recursos
  • Uncategorized
  • Webserie Seminario 5

Enter your email address to follow this blog and receive notifications of new posts by email.

Blogroll

  • hacemos música, compartimos música
  • instituto orff de Porto
  • las calles del pop
  • Learn WordPress.com
  • música no caxado
  • música y secundaria
  • mis apuntes musicales
  • O recanto de Leo
  • recursos musicales
  • seso durán
  • WordPress Planet
  • WordPress.com News

Artigos recentes

  • E seguen os premios!
  • Conexións, a curta que coroa o noso Erasmus +
  • Novo premio para xs músicxs do IES As Barxas
  • Feliz verán a tutti!
  • Gañamos o Olloboi!

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy