• Bibliografía
  • Canle Youtube
  • Conferencias/Obradoiros para o profesorado
  • Diversidade funcional
  • Falan de nós
  • Lecturas musicais
  • Materias Didácticos/Recursos
  • Novo blog, novos proxectos
  • Proxectos anteriores
  • Proxectos en marcha
  • Publicacións
  • Sobre o autor

Música en secundaria

Música en secundaria

Tag Archives: moaña

Feliz verán a tutti!

30 Venres Xuñ 2017

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Obradoiro Músicasbarxas, Por los alumn@s, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

ies as barxas, moaña, obradoiro músicasbarxas

Outro curso que se foi, cada vez semella que máis rápido!

Outro curso de traballo, proxectos e problemas que solucionar.  Toca agora recargar as pilas para vir con forza o curso que ven.  Aos que vos quedou algunha para setembro pois…que vos imos dicir? A darlle, que o verán dá para todo!

😉

Shhh, estamos rodando…

09 Xoves Mar 2017

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Obradoiro Músicasbarxas, Re2 filmes

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

moaña, obradoiro músicasbarxas, seso durán

DSC_3058

Despois duns meses de duro traballo de composición, arranxos e gravación de novas cancións, comezamos onte a filmar os video clips deste curso.  De momento non contamos máis nada que andamos moi ocupados.

😉

Seguimos co noso proxecto de videos de clase invertida

12 Xoves Xan 2017

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

flipped classroom, ies as barxas, moaña

Queres saber como foi o rock and roll dos anos 90?  Pois dalle ao play a este video realizado polas alumnas Antía González e Marta Fernández; un repasiño en menos de tres minutos ao máis destacado da música popular urbana feita daquela.

Este video súmase aos outros dous que xa temos subidos na lista de reprodución correspondente, na nosa canle de youtube. Non lles quites ollo que veñen máis en camiño!

Parabéns chicas!

🙂

Queremos galego!

02 Luns Mai 2016

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, Obradoiro Músicasbarxas, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

moaña, obradoiro músicasbarxas, queremos galego

Hoxe estreamos o novo videoclip coa nosa canción Queremos galego, coa que reivindicamos un curso máis o uso e goce da lingua galega.  O traballo foi duro pero pagou a pena, claro que si.  A lista de persoas que o fixeron posible é longa; alumnado de 4º ESO, profes, persoal non docente…de tod@s e de quen se apunte é o esforzo do Obradoiro Músicasbarxas por cantar e bailar coa nosa lingua como pretexto.

Embaixo tedes unhas fotos do making of.

Parabéns a tutti polo traballo!

This slideshow requires JavaScript.

 

Quico Cadaval no Obradorio Músicasbarxas

31 Xoves Mar 2016

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, erasmus +, Obradoiro Músicasbarxas, Por los alumn@s, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

ies as barxas, moaña, obradoiro músicasbaraxas, palmira calvar, quico cadaval, seso durán

cadaval no obradoiro

Dentro das actividades programadas para o proxecto SAFTAS, do Erasmus +, temos as de realizarmos encontros con persoas relevantes do mundo do audiovisual e do teatro, para aprender e termos así unha achega de primeira man, para saber e ser verdadeiramente conscientes do que pasa aí, fóra do insti.

Hoxe tivemos o pracer de entrevistar ao director, guionista e actor (entre moitas outras cousas) Quico Cadaval e quedamos encantadísimos! Aí o tedes atento ás preguntas de Xeila Lago.

Atentos que a publicaremos en breve!

😉

 

 

Rumbo a Nápoles!

13 Domingo Mar 2016

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Obradoiro Músicasbarxas, Por los alumn@s, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

erasmus +, ies as barxas, moaña, saftas, seso durán

Captura de pantalla 2016-03-13 a las 9.48.58Pois si, un grupo de cinco alumn@s e dous profes marchamos a Nápoles a seguir traballando no proxecto Saftas (Students Academy of Film and Theatre Awards), do Erasmus +, no que andamos metidos.

Con nós levamos o material audiovisual que estivemos traballando, incluido o video “Inclusión”, que realizamos dentro das iniciativas do proxecto que ten como lema “The other” (“O outro”), co obxectivo de loitar contra a discriminación das persoas por cuestións de identidade sexual, cultural, condición económica, diversidade funcional.. e que imos estrear na rede en breve.

DSC_0027

Álex Táboas gravando a banda sonora de “Inclusión”; ao fondo, María Cancelas, editando.

Seguimos!!!

 

E a Madrid fomos recoller o premio da Fundación GSD

01 Luns Feb 2016

Posted by sesoduran in Crea clips, Cuaderno de aula, Enseñanza TIC, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Fundación GSD Innnova, ies as barxas, moaña, obradoiro músicasbarxas, premios gsd innovación educativa

12513511_928496083871821_5902849457647462315_oPois si, os profes José Luís e Seso fomos a Madrid, nada menos que ao Instituto Cervantes, recoller o Premio Nacional de Innovación Educativa que a Fundación GSD Innova nos otorgou.

Unha oportunidade estupenda para coñecer outros proxectos e moita xente implicada na revolución educativa pola que loitamos no Obradoiro Músicasbarxas.

Grazas en nome de todo o alumnado (centos!) e de todo o profesorado (máis de 20!) que dalgunha maneira participaron e participan no proxecto!

Aí tedes a presentación que empregou o profe Seso.

😉

Unha historia de emigración

03 Martes Mar 2015

Posted by sesoduran in Por los alumn@s

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

emigración, moaña, the beatles

Máis cousas sobre os Beatles: María Cancelas pensou que se os de Liverpool emigraran nos seus comezos a Alemania para traballar como músicos, ben podía contar ela a historia dun veciño seu, Enrique Fervenza, que tamén sabe do que é emigrar.
Parabéns María, éche un traballiño ben interesante!

Festival de Nadal 2013

27 Venres Dec 2013

Posted by sesoduran in Cuaderno de aula, Por los alumn@s

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

ies as barxas, jos wuytack, moaña, obradoiro músicasbarxas, orff orchestra, orquestra orff, proxectos didácticos

O pasado 19 de decembro, dentro dos actos de celebración do 25 aniversario do IES As Barxas, celebramos no noso centro un festival onde o alumnado de música interpretou varias pezas para voz e instrumental orff, enmarcadas dentro dos proxectos didácticos “Somos unha orquestra”, de 4º ESO, e “Viaxe no tempo”, de 3º.

A seguir disfrutando das festas!

Creación + Acción + Autoxestión: Lazy Pandas

13 Venres Dec 2013

Posted by sesoduran in Enseñanza TIC, Por los alumn@s

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

ies as barxas, Lazy Pandas, moaña

Aquí tedes o video de presentación do proxecto Lazy Pandas que leva adiante o alumnado de música de primeiro de bacharelato do IES As Barxas.

A música como arte, recurso de expresión e industria, todo nunha clase de secundaria.

 

← Older posts

Gañadores 2º Premio 2018

Gañadores 2018 Olloboi Zamburrioi

Gañadores 2018 Festival Internacional Saftas – Erasmus +

Gañadores 2017

Gañadores Olloboi BSO 2017

Gañadores Premio Videoghit 2014, 2015, 2016 e 2017

GAÑADORES 2016

Gañadores 2016

Gañadores Olloboi Zamburrioi 2016

Gañadores mellor audiovisual didáctico 2016

Gañadores 2015

Boa práctica

Proxecto SAFTAS 2015 – 2018

Ponentes no Culturgal 2012, 2014 e 2015

Gañadores II concurso video creación concello santiago de compostela

Gañadores Olloboi Fotoxénico 2015

Gañadores Olloboi Escola 2014

Gañadores Olloboi Cómico 2014

Gañadores Olloboi guión orixinal 2012

Mención honra Ouff 2014

Facebook Músicasbarxas

canal youtube músicasbarxas

canal youtube audiovisual as barxas

canal youtube orquesta orff

Categorías

  • comprometidos coa diversidade
  • Crea clips
  • Cuaderno de aula
  • Culturgal
  • Enseñanza TIC
  • erasmus +
  • Obradoiro Músicasbarxas
  • Por los alumn@s
  • Re2 filmes
  • Recursos
  • Uncategorized
  • Webserie Seminario 5

Enter your email address to follow this blog and receive notifications of new posts by email.

Blogroll

  • hacemos música, compartimos música
  • instituto orff de Porto
  • las calles del pop
  • Learn WordPress.com
  • música no caxado
  • música y secundaria
  • mis apuntes musicales
  • O recanto de Leo
  • recursos musicales
  • seso durán
  • WordPress Planet
  • WordPress.com News

Artigos recentes

  • E seguen os premios!
  • Conexións, a curta que coroa o noso Erasmus +
  • Novo premio para xs músicxs do IES As Barxas
  • Feliz verán a tutti!
  • Gañamos o Olloboi!

Blog en WordPress.com.

Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy