Comprometid@s coa diversidade funcional, introducimos a audiodescrición no noso traballo audiovisual

Tags

, ,

No Obradorio Músicasbarxas seguimos realizando actividades nas que temos moi en conta a diversidade funcional, queremos facer da inclusión unha característica esencial da nosa identidade e, con ese espíritu, facemos pública a versión con audiodescrición, para invidentes, da nosa premiada curta A lei da música.

Estupendo o traballo da directora e guionista Aitana Sanz e de Ruth Casteleiro, súa é a voz que nos leva a través da peza.  Moitas grazas ao Departamento de galego do IES As Barxas, en especial ao profe Ricardo Maquieira, que revisou o texto.

IMG_6111.JPG

A alumna Ruth Casteleiro, gravando a audiodescrición de A lei da música

Quizáis vos apeteza facer a proba, pechar os ollos e “ver”.

Premio para o noso video Inclusión!

Tags

, ,

IMG_6232.JPG

Xiana Casás, María Cancelas e Álex Táboas recollendo o galardón

Esta semana que pasou soubemos dun novo recoñecemento ao noso traballo. Esta vez o galardón foi para Inclusión, que recibiu o premio ao mellor video didáctico no V Certame Audiovisual do IES Montecarrasco.

O video, realizado dentro das actividades do grupo Saftas (Students Academy of FIlm and Theatre Awards), do Erasmus +, no que participamos, explica de xeito moi sinxelo conceptos claves para a convivencia na nosa sociedade e apoia a normalización en todos os aspectos da vida cotiá das persoas con trastorno do espectro do autismo.

DSC_0022.jpg

María Cancelas e Xiana Casás realizando o video Inclusión

A noticia xa foi recollida pola prensa.

Parabéns a tod@s!!!

 

Gañamos o Premio Olloboi!

Tags

, ,

Unha ano máis gañamos o premio  Olloboi, os “oscars” do audiovisual escolar galego.  Esta vez fomos acreedores do Olloboi Zamburrioi, o especial da organización do certame, ao conxunto da produción que levamos adiante no IES As Barxas.

zamburrioi1

Captura de pantalla 2016-06-02 a las 22.32.22.png

Parabéns tamén ao Departamento de plástica, co que compartimos isto tan ilusionante de “facer videos”.

A noticia apareceu xa recollida na prensa.

Seguimos!

IES As Barxas Olloboi 2016.jpg

O Premio Cinedfest á nosa curta A lei da música na prensa de hoxe

Tags

, ,

Aquí tedes como aparece recollida a noticia deste novo recoñecemento ao noso traballo no Faro de Vigo e en Morrazo al día.

Parabéns Chic@s!!!

DSC_1932

De esquerda a dereita: Paula, Lara, Pedro, Nerea, Jesús, Yovanna, Lucía, Aitana, Ruth, María, Álex, Iria e Diego; o alumnado de 1º Bach que realizou A lei da Música

Captura de pantalla 2016-05-31 a las 11.11.16

 

Premio Cinedfest 2016 para a curta musical A lei da música: Un proxecto para aprender os principios da produción de audio

Tags

, ,

CARTEL_cinedFest

No Departamento de música do IES As Barxas acabamos de recibir a boa nova dun novo premio para un dos nosos traballos audiovisuais, o Cinedfest, certame de alcance nacional organizado pola Consejería de Educación, Juventud e Igualdad do goberno de Canarias (co patrocinio de moitas e importantes empresas privadas),  concretamente o segundo premio na categoría de bacharelato, acadado pola curta musical A lei da música.

Escrita e dirixida pola alumna de primeiro de bacharelato Aitana Sanz, con música orixinal do seu compañeiro Álex Táboas, que foi gravada na mesma aula,  A lei da música é un proxecto construido desde, sobre e para a música, cun argumento aparentemente sinxelo que nos serviu para aprender un montón de cousas relacionadas coa gravación e a edición do son. Imos dar unha voltiña pola curta desvelando algúns dos seus misterios.

A banda sonora soa ao longo de toda a peza, pero as cualidades do seu son varían en función da fonte e procedencia.

A lei 1a las 23.05.35.png

A primeira vez que oímos a banda sonora orixinal facémolo desde o despacho de José Luís Fernández, a música semella vir desde o piso de arriba. para iso eliminamos as frecuencias medias e agudas do rango audible polo oído humano, que podedes ver representado aí, á dereita, no ecualizador gráfico.

A lei 205-29 a las 23.09.50.png

A continuación escoitamos a música no hall do instituto e editamos o son para que semelle provir duns deses altofalantes que se encastran nos teitos, que adoitan ter moi pouca presenza de frecuencias graves, que atenuamos agora no ecualizador.

A lei 3.  2016-05-29 a las 23.13.58.png

Cando vemos que José Luís indentificou de onde ven o son, este aparece tal como está gravado, por iso deixamos a ecualización plana, respectando a gravación orixinal.

A lei 4.  05-29 a las 23.17.19

E cando escoitamos a banda sonora de Álex Táboas a través dos auriculares de Ruth Casteleiro e Diego Costa, facémolo eliminando todo o rango das frecuencias máis graves.

É interesante apuntar o feito de que a rodaxe fíxose “muda”.  José Luís non escoitou a música en ningún momento, o que dá máis mérito aínda ao seu traballo!  Ruth e Diego si a escoitaban nos seus auriculares, están bailando e bailar sen música como que non…pero o que escoitamos non saía dos seus reprodutores portátiles, a banda sonora introducíuse na posprodución.

Tamén axustamos a intensidade e direccionalidade do son; se ven da esquerda, por exemplo, teremos que percibilo máis desde o altofalante ou auricular esquerdo.

A lei 5-05-29 a las 23.25.44.png

A escena final é unha verdadeira ficción sonora.  Os pasos de José Luís, o son das portas abríndose, que se gravou aillado e logo introducíuse atendendo a súa procedencia, como podedes ver no recadro da dereita…mesmo o barullo dos rapaces, do que a maioría gravouse unha vez rodada a curta…un traballón!

Pois aí tedes o “making of”!  Parece que todo o que vedes arriba foi percibido e valorado polo xurado do Cinedfest. A lei da música ten unha banda sonora orixinal estupenda, escrita e interpretada por un alumno, pero non ten un guión “dramático”, nin diálogos de ningunha clase,  nin máis carga social que ser unha metáfora sobre a defensa da música no ensino e na vida en xeral, ou ese era o pretexto de Aitana, a autora do guión, pero no mesmo guión (e Aitana tiña clarísimo como tiña que ser tratada a música nesta curta) estaba agochado o misterio da edición de audio e como tratar ese tema de maneira didáctica.

Por iso quero dar moi sinceramente as grazas, por crear unha actividade perfecta, das que non se esquecen, e que eu disfrutei a tope como profesor de música.

Que impere a lei da música, si señor!!!

A entrega de premios será o 10 de xuño, na Gala Final Cinedfest 2016, nos cines Yelmo Meridiano de Santa Cruz de Tenerife.

Estamos invitad@s!

😉

 

 

Premio Videoghit 2016 para Queremos galego!

Tags

,

Onte fallánrose os premios Videoghit, que cumpren xa a sexta edición, organizados polo IES Pintor Colmeiro de Silleda.

O noso Queremos galego acadou o premio na categoría de Mellor canción orixinal neste certame cuxo obxectivo é fomentar a música en galego entre o alumnado do país. Os que estamos en contacto no día a día coa rapazada sabemos que ese é un obxectivo moi moi importante.

Moitos parabéns ao profe Suso Fernández, do Departamento de filosofía do Pintor Colmeiro, que é quen leva adiante estes premios, aos demáis galardoados e a tod@s @s participantes nesta iniciativa que hai que apoiar si ou si.

Moitas grazas ao xurado! No Departamento de música do IES As Barxas estamos moi contentos!

A noticia aparece recollida por La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

 

Entrevista a Isabel Risco

Tags

, , ,

Unha nova entrevista esta que realizamos os do proxecto SAFTAS – Erasmus + coa colaboración do EDLN Linguaquetraba do IES As Barxas.

Esta vez tivemos a sorte de contar con Isabel Risco, a estupenda actriz que estivo no Obradoiro Músicasbarxas contándonos como foron os seus comezos,  como van indo os numerosos proxectos nos que anda comprometida e que opina sobre a situación actual da lingua galega no país.

Non vola perdades que é unha entrevista para enmarcar!

Moitísimas grazas a Isabel Risco, á que lle desexamos todos os éxitos que merece, e moitos parabéns a todo o alumnado do Erasmus + do IES As Barxas.

Imos indo!

😉

 

Novo videoclip: Lle! Lle! Lle!

Tags

, ,

Mentras Queremos galego bate records de audiencia na nosa canle, con 2600 reproducións en 3 días, publicamos hoxe o videoclip Lle! Lle! Lle!,  canción orixinal de Os Prinses, que non son outros que o grupo de 4ºESO AB.

Adicada á memoria do gran músico Prince, que  faleceu o día antes de rodarmos, Lle! Lle! Lle! conta unha historia moi divertida entre un adolescente e o rock and roll.

Veña que vai!

😉