Etiquetas

, , , , ,

Realizado polo alumnado de 1ºBACH, Inclusión é un video co que nos sumamos á tarefa de dar visibilidade ao Trastorno do espectro do autismo, que ten no día 2 de abril a súa cita anual máis importante.

Con este traballo  intentamos explicar, de xeito sinxelo, conceptos claves que teñen que ver coa convivencia e co respecto ás persoas, a través das que teñen diversidade funcional, inmersas, xunto ás súas familias, nunha loita para que as administracións e a sociedade, en xeral, sexan quen de garantir a atención que faga efectivos os seus dereitos que, ao final, son os de tod@s.

Este é un proxecto dos Departamentos de música e inglés do IES As Barxas, e forma parte das actividades que desenvolvemos dentro do proxecto do Erasmus + SAFTAS, e foi presentado en Nápoles o 17 de marzo pasado.

Para alcanzar a Inclusión plena  é precisa a participación de tod@s.

Implícate!

 

 

Advertisements